Como era de esperar xa temos eiquí ao Bursaphelenchus xylophilus, un nemátodo ou verme cilíndrico de menos de 1 mm de lonxitude (inapreciável a vista) que se desenvolve no interior da madeira...cuidadito, é o causante da enfermidade da seca do piñeiro (Pine Wilt Disease). No seu lugar de orixe, Norteamérica, non causa danos importantes, pero nos paises onde se introducíu causa a morte das árbores infectadas poidendo acadar niveis epidémicos de tal magnitude que se considera o pátoxeno do piñeiro máis perigoso a escala mundial. Para propagarse dunha árbore a outra necesita dun vector, que neste caso é un escarabello cerambícido común o Monochamus galloprovincialis (perforador da madeira). Este insecto apenas percorre uns centos de metros en cada vó, non desplazándose máis alá de 3 km na súa vida adulta. Trátase dunha transmisión a curta distancia...pero aí entramos os humáns e a globalización...o maior perigo son os movementos comerciais da madeira afectada (condicións de movemento).
Deixovós uns enlaces con noticias relacionadas:
TVG Labranza 09-08-09
Faro de Vigo 28-11-10_1
Faro de Vigo 28-11-10_2
Faro de Vigo 27-11-10
Resolución do 17 de novembro de 2010, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, pola que se declara no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a presenza do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nematodo do piñeiro) e se ordena comezar as medidas para a súa erradicación.
30/11/10
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
saiume un novo viciño e por culpa del todo o mundo revolucionado, "que se hai q cortar que se non, que se mediron mal...... " a este paso o único que nos qeda é "rezar" para que non se extenda o nematodo.
ResponderEliminare como diría JMfroitas "los de Taboeja es lo que tienen"
saúdos a todos e boas festas!!